Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cunqueiro viviu aquí

‘Álvaro Cunqueiro en Ortigueira en 1936’ pecha reivindicando unha etapa clave na comarca do ilustre autor de Mondoñedo

Terras do Ortegal organizou este congreso que contou coa deputada de Cultura, Natividade González, para o acto de clausura

O presidente de Terras do Ortegal coa deputada de Cultura na clausura
O presidente de Terras do Ortegal coa deputada de Cultura na clausura
Cedida
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O congreso organizado pola asociación Terras do Ortegal durante esta fin de semana, no teatro da Beneficencia de Ortigueira, despediu dúas xornadas de intervencións de destacados especialistas de ámbitos distintos como o universitario, da investigación histórica ou da literatura galega. Na clausura participou a deputada de Cultura, Natividade González, quen destacou que “non viñemos simplemente falar dunha das grandes figuras da literatura galega. Viñemos mirar con atención un momento moi concreto da súa vida: a súa chegada a Ortigueira hai agora 90 anos e aqueles meses, entre outubro de 1936 e maio de 1937, que coinciden ademais cun dos períodos máis duros e complexos da nosa historia”.

Esta iniciativa pioneira para a asociación cultural Terras do Ortegal reuniu arredor de 60 persoas no teatro ortigueirés, e entre os protagonistas resaltaron Claudio Rodríguez Fer, Carlos Breixo Rodríguez, Jesús Blázquez González, Armando Requeixo, José Martinho Santalha e María Camiño Noia, así como a gañadora do Premio da Crítica de poesía galega no 2022, Medos Romero, que participou este mesmo sábado 3 ao peche.

“Detrás dun congreso coma este hai investigación, documentación, organización e, sobre todo, un compromiso moi importante coa memoria e coa cultura deste territorio”, engadiu ás conclusións Natividade González, subliñando que Álvaro Cunqueiro foi, deixándoo a un lado como literato, “un home inserido no seu tempo, cunha traxectoria vital, xornalística e política que debe ser estudada e contextualizada”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620