Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ortigueira

‘A invención da tradición’ profundizou na orixe do Festival do Mundo Celta

O Teatro da Beneficencia de Ortigueira acolleu a cita, que sirve como ‘previa’ da actividade musical

20260702-RAG-Ortigueira (7)
Un momento da charla cleebrada onte
MONCHO FUENTES
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Real Academia Galega (RAG) dedicoulle a tarde de onte ao Festival do Mundo Celta na segunda edición das súas xornadas ‘A invención da tradición’, unha cita que tivo lugar na propia vila, concretamente, no Teatro da Beneficiencia.

As persoas que ata alí se achegaron tiveron a oportunidade de escoitar tanto a visión de quen protagonizou a posta en marcha deste festival como a ollada da investigación histórica.

A apertura institucional correu a cargo do presidente da RAG, Henrique Monteagudo; o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín; e o director da Sección de Historia, o académico Ramón Villares.

A xornada comezou coa conferencia inaugural do catedrático emérito da Université Rennes 2 Jean-François Botrel, que profundizou sobre o proceso de invención doutra tradición do identificado como mundo celta, a Fête des Fleurs d’Ajonc, a festa brotoa da chorima de Pont-Aven, que data de 1905.

A mesa redonda titulada ‘O celtismo, a creación do festival de Ortigueira e a música celta’ contou coa participación do primeiro director da Escola de Gaitas de Ortigueira e promotor do festival, Xabier Garrote; coa do investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio da CSIC, Manuel Santos Estévez; e coa de Luz Polo, quen formou parte da Escola de Gaitas desde os seus comezos, sendo aínda unha nena.

20260702-RAG-Ortigueira (14)
O Teatro de beneficencia acolleu o acto
MONCHO FUENTES

Despois do tempo de coloquio, aberto ao público, os presentes puideron desfrutar da actuación do cuarteto da Escola de Gaitas de Ortigueira.

“A tradición céltica foi unha fonte de creatividade para a nosa cultura. O Festival de Ortigueira é boa mostra diso”, apuntou Monteagudo durante a súa intervención.

Pola súa banda, o rexedor ortigueirés aproveitou a palabra para remarcar que se trata dun “exemplo de como unha iniciaiva cultural pode chegar a converterse nunha tradición compartida de interese internacional e sobre todo na principal sinal de identidade dun pobo”.

Para Botrel, “o sentimento de irmandade que promoven iniciativas” como este festival “contribúe a construír unha Europa un chisco distinta, que teña en conta a súa periferia”.

Na súa quenda, Manuel Santos aseverou que “sería imposible interpretar certas iconografías que aparecen en restos arqueolóxicos de Galicia se non tivésemos en conta aos celtas”.

O promotor do festival, Xabier Garrote, fixo fincapé en que a cita naceu “como unha actividade de intercambio cultural”, engadindo que “queriamos ver como funcionaban as culturas semellantes á nosa, como conservaban as tradicións”. Por último, Polo fixo fincapé no feito de que o festival “xerou un sentimento de pertenza na veciñanza” da localidad, “porque colaboramos activamente na súa organización. Puxemos Ortigueira no mapa”, remarcou.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620