Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ortigueira

O Eroski de Ortigueira duplica a súa superficie e incrementa as plazas de aparcamento

O alcalde, Valentín Calvín, acudiu esta mañá á inauguración do establecemento

A inauguración do establecemento tivo lugar onte
A inauguración do establecemento tivo lugar este xoves
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Co seu traslado á parcela 21 do polígono industrial da Rega, o Eroski City de Ortigueira conta co dobre de superficie comercial que o anterior, ademais de aumentar ata as 66 o número de prazas de aparcamento.

A nova franquicia abriu hoxe as súas portas coa presenza do alcalde ortigueirés, Valentín Calvín; do director de Hipermercados, Supermercados e Gasolineiras en Vegalsa-Eroski, Florentino Vázquez; e dos socios franquiciados do establecemento, Antonio López, Mari Gonsálvez e Tatiana López. Vázquez recoñeceu que coa nova localización os clientes do centro “van desfrutar dunha tenda máis ampla, cunha grande oferta de produtos frescos da zona e con todas as facilidades para facer unha compra cómoda, como o aparcamento e o servizo a domicilio”.

De feito, o surtido do establecemento aumenta tamén, ata chegar ás 7.000 referencias tanto de marcas líderes como propia e de produtos de proximidade. Por outra banda, ademais das seccións de panadaría, froitería, carnizaría e chacinaría de venda asistida, haberá tamén a posibilidade de mercar peixe envasado.

O horario de apertura do establecemento, no que traballa un plantel de dezaseis persoas, é de luns a sábado ininterrompidamente de 9.00 a 21.00 horas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620