Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Música

Amancio Prada ofrece concertos por partida dobre en Ortigueira

Este mércores póñense á venda as entradas anticipadas

Amancio Prada, no concerto do ano pasado no teatro Jofre
Amancio Prada, no concerto do ano pasado no teatro Jofre
Daniel Alexandre

O icónico cantautor Amancio Prada volverá actuar en Ortigueira esta fin de semana, por partida dobre, xa que ofrecerá un concerto o sábado 8 e outro o domingo 9, ambos ás 20.00 horas, no teatro da Beneficencia. As entradas anticipadas poderán adquirirse a partir deste mércores 5 nas oficinas do Concello, de 10.00 a 14.00, ou na biblioteca municipal Juan Fernández Latorre, de 18.00 a 19.00.

Nestas dúas actuacións renderase homenaxe a un dos discos que fixeron historia, como é o que gravou no 1975 para conmemorar a Rosalía de Castro. A gran poeta galega xa servira de inspiración a Amancio Prada dende o inicio da súa carreira, como pode escoitarse en dúas cantigas recollidas no seu primeiro traballo, “Vida e Morte”,

Non obstante, “viviendo en Castilla, sentí por primera vez la nostalgia de la tierra, el extrañamiento del aire, airiños, aires...”, tal como expresa o propio artista, en referencia a aquel primeiro momento que lle fixo achegarse seriamente á obra poética de Rosalía. Foi en París, con soamente 20 anos cumpridos, cando Prada tomou a decisión de dedicarlle un disco monográfico. Desta maneira comezou unha historia que continuaría noutros títulos como por exemplo “Dulce vino de olvido” e que agora convida a revivir en Ortigueira.