Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Mulleres en Conxo

Mañón, único concello da comarca incluído no ciclo ‘As tolas que non o eran’ da Deputación da Coruña

Carmen V. Valiña, autora do estudo no que se basea esta proposta divulgativa, impartirá seis charlas-obradoiro

Carmen V. Valiña xa presentou o seu ensaio na comarca, concretamente en San Sadurniño
Carmen V. Valiña xa presentou o seu ensaio na comarca, concretamente en San Sadurniño
Editorial Galaxia
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O ciclo ‘As tolas que non o eran’, baseado no título do ensaio da investigadora Carmen Vidal Valiña, contribúe ao seu traballo de recuperación e visibilización das historias das mulleres que foron internadas no Manicomio de Conxo entre finais do século XIX e principios do XX. Este novo programa da Deputación, que ten pendente o anuncio das datas, chegará a Mañón entre un total de seis concellos da provincia. A programación, particulamente axeitada nestas xornadas próximas ao Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres, que tivo lugar onte, como cada 28 de maio, componse de seis charlas-obradoiro.

Estas sesións serán impartidas por Carmen V. Valiña, autora de ‘As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936’ e especialista no estudo dos arquivos deste centro. O público poderá ser de calquera idade, tendo en conta que se achegará ao funcionamento dos hospitais psiquiátricos como espazos nos que controlar mulleres consideradas “problemáticas” por situarse fóra dos cánones da época.

Ademais, analizaranse documentos reais do centro como cartas e historias clínicas, e rematarase cun obradoiro de escritura colectiva que contribúa a recuperar a memoria destas mulleres cun devir inxusto.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620