Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

O Bar Queiro estrea tempada de concertos co blues “coruño” de Bad Whiskey

Xa están á venda os pases anticipados para este directo da que o ano pasado foi premiada como mellor banda local

Bad Whiskey sala Mardi Gras
Guitarras, batería, contrabaixo e armónica forman o sexteto | Cedida

O remate do verán significa o regreso dos concertos ao Bar Queiro, no concello de Mañón, que estrean unha nova tempada co característico “swamp voodoo blues” que propón o sexteto Bad Whiskey. A banda virá dende A Coruña para dar inicio ao programa musical este sábado, ás 23.04 horas, e as entradas xa se poden adquirir por anticipado no propio establecemento.

Os concertos de Bad Whiskey foron recoñecidos como un dos mellores da Coruña no 2022, do mesmo xeito que o ano pasado obtiveron o premio á mellor banda local no XXVI Concurso de Bandas y Solistas de Cuac FM.

Segundo apuntan dende O Bar Queiro, a súa música distínguese por “un son pantanoso e electrizante que mestura o blues máis primitivo dos 40 e 50 con toques de delta, garage e southern rock”.

No repertorio únense composicións propias con clásicos de artistas como John Lee Hooker, Muddy Waters ou Slim Harpo. Para quen non desexe perderse esta primeira festa, un recordatorio: aínda que en principio haberá entradas na billeteira, o aforo do local limítase a 120 persoas.