Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Eu ben vin estar o moucho/ Enriba d´aquel penedo/ Non che teño medo, moucho,/ Moucho non che teño medo! –Siempre Rosalía–. 

Reconquistar o Día das Letras en Galicia foi unha ardua tarefa que se institucionaizou no ano 1963 grazas á proposta histórica presentada por tres académicos: Francisco Fernández del Riego, Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román; declarándose o 17 de Maio como o día oficial da celebración coincidindo exactamente co centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, obra que marca o Rexurdimento da literatura galega contemporánea.

Rosalía é a trascendencia das fronteiras, a voz universal galega do Romanticismo, a defensora da muller e a que expresa o fondo sentir do pobo e a fala deste antiguo territorio que un día se chamou Kallaikoi e despois Gallaecia, aínda que as primeiras evidencias territoriais remóntanse ao Paleolítico inferior e a sua fala ás linguas indoeuropeas “indíxenas” mezcladas co latín vulgar nunha feliz e inconsciente filantropía que nos trae a lírica galaicoportuguesa, a expresión propia e única que nasce na rexión noroccidental da Península xunto a Portugal e baixo o impacto da Provenza Francesa. Cantigas frolescidas no medievo nas expresións sublimadas das voces poéticas, incluida a do Rey Sabio, que cantou a Santa María, si, e tamén a María a Balteira, que non era santa, pero era libre.

Rey de Castela e León que consolidou o castelán como lingua oficial nunha tarefa continuada con Isabel e Fernando –tanta monta, monta tanto–, perfilándose así os Seculos Oscuros hasta o Rexurdimento –Rosalía, Curros e Pondal– no S. XIX e prorrogándose con Franco hasta que o Estatuto de Autonomía en 1981 reconocea como lingua cooficial.

Largo tempo de sombra –e non é igual ver que estar cego– que ven a rematar co faro luminoso que alumea este día que se nomea sin os Benditos rumorosos na costa verdescente, proclamándose a tódolos ventos que a Galiça é terra de poetas –Vincit Omnia veritas, truth prevails, la veritá supera ogni cosa, Egiak dena ahal du, a verdade tudo pode, Al-hag ya´lu fawq kol shay´, zhenli zhansheng yiqie, die wahrheit siegt imner, cheqagmi tukuyta atin…

–Poetas “que sean todos los pueblos y todos los huertos nuestros” …

Dúceas de autores –individuias e colectivos– foron e seguen sendo homenaxeados este día sin que en ningún recuncho de Galicia prenda esta luminaria, este facho, este faro rutilante guiando coma a Rosa dos Ventos a ruta dos que navegan.

O Consello da Cultura Galega ofrece un evento central co Concerto das Letras Galegas que se celebra o sábado día 16 no Auditorio Mar de Vigo no que a cantante Uxía interpreta pezas inspiradas nos textos da homenaxeada este ano, Begoña Caamaño (Vigo,1964-Compostela 2014) xunto a outras do seu CD Indómitas, entre outras cousas.

Mais… eu penso que neste Día das Nosas Letras, todo os actos, poemas ou cancións en toda as vilas, pobos ou cidades da Galiza e fora dela merecen honras, aplauso, consideración e relevancia.

Bandeira branca e azul. Bandeira de Mar e Ceo.