Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

O éter e a relatividade especial

Antes do traballo de Maxweii e Hertz, os únicos fenómenos coñecidos que se propagaban en forma de ondas facíanno co soporte dun medio, por exemplo o son, a través do aire ou da auga. O sentido común, sempre perigoso, invitaba a elevar esta circunstancia a principio universal. As ecuacións de Maxwell interpretaban a luz como unha onda, así que se impoñía a existencia dun medio a través do cal puidera propagarse : o éter.

Como non eran filósofos gregos, no lugar de matar o tempo especulando sobre as propiedades do éter, os científicos encerraronse nos laboratorios para buscalo. Deseñaron experimentos extremadamente sensibles e coidadosos para detectar algún rastro da peregrinación desta Terra inmersa no éter. Empregaron toda unha serie de supostos acerca de como podería comportarse o éter. Imaxinaron que podería ser inmóbil e que a Terra se deslizaba libremente a través del. Imaxinaron que a Terra podería arrastrar consigo partes del ao desprazarse, formando unha especie de burbulla parecida á da nosa atmósfera. Incluso consideraron a improbabel de que a Terra fora o único obxecto en repouso con respecto ao éter, e que todo o demáis no cosmos xirara ao seu arredor, incluíndo a outros planetas, o Sol e as estrelas. O resultado foi sempre negativo. Como nos tempos de Maxwell non se concibía que unha onda puidera propagarse polo espacio baleiro, e a luz era unha onda electromagnética, se postulaba a existencia dunha sutil e fuxídia substancia que actuaba como medio : ó eter. Así que só necesiba dar un paso máis, e dicir que era o mesmo éter o sistema de referencia que se escondía trasas ecuacións de Maxweii : os 299.792 metros por segundo de “c” eran a velocidade da luz con relación ao éter en repouso. Acuestión da súa existencia, ata entón suposta pero nunca demostrada, converteuse nunha das prioridades da ciencia. Porén, as propiedades que debían asignarlle ao éter convertíanno nun medio certamente peculiar, e sen dúbida difícil de derectar. Tiña que ser denso e ocupalo todo, xa que a luz viaxa por todas partes, e tamén debía ser elástico para que as ondas electromagnéticas puideran propagarse nel. Pero o mesmo tempo non debía ofrecer resistencia, permitindo que os obxectos se moveran nel sen verse obstaculizados por rozamento ningún.

Einstein estivera loitando durante anos coa noción do éter, que teoricamente determinaba a definición do concepto “en repouso” nas teorías sobre indución eléctrica. En 1899, sendo estudante no Politécnico de Zurich, escribira a Milena Maric, súa esposa, dicíndolle que “a introdución do termo “eter” nas teorías sobre electricidade levoume a concepción dun medio cuxo movemento pode describirse sen que, na miña opinión se lle puidera adscribir significado físico algún”. Porén, aquel mesmo mes atopábase de vacacións en Aarau, traballando xunto cun mestre da súa antiga escola na busca dun método para detectar o éter. “ Tiven unha boa idea para investigar o modo no que o movemento relativo dun corpo con respecto ao éter afectaba á velocidade da luz” , dicíalle a Mileva. O profesor Weber díxolle a Einstein que o seu método resultaba pouco práctico.

Probablemente a instancia de Weber, Einstein leu entón un artigo de Wilhelm Wien no que se describían os nulos resultados de trece experimentos realizados para detectar o éter, incluídos os de Michelson-Morley e o de Fizeau. Tamén soubo do experimento de Michelson-Morley pola lectura, en algún momento anterior ao ano 1905, dunha obra publicada por Lorentz en 1895, “Esbozo dunha teoría dos fenómenos eléctricos e ópticos nos corpos en movemento”. Nesa obra, Lorentz examinaba varios intentos falibles de detectar o éter como preludio para desenrolar a súa teoría das contraccións. Segundo Einstein, en definitiva, non tiña sentido falar dun movemento relativo ao éter.