O tren da esperanza
Este domingo a cidade de Ferrol volveu recuperar o seu espírito de desconformidade, negándose a deixar pasar máis tempo por unhas infraestruturas ferroviarias, que como todo territorio europeo merece neste século. O movemento cultural, veciñal –todo o movemento asociativo– foi quen de crear un Foro Cidadán polo Ferrocarril unitario, que logrou unha mobilización moi importante, reflectindo as inquedanzas das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
O primeiro éxito foi marcarlle a axenda a todas as formacións políticas e á propia Xunta de Galicia. Rachar con ese muro de silencio, que serviu a administracións estatais de toda cor política esquecer ao noroeste galego. Máis de aqueles que consideran que Galicia comeza e acaba na cidade herculina e en Punta Langosteira. Unha clara falta de visión atlántica, por ser incapaces de entender as sinerxías que as nosas comarcas suman ao país.
A nosa vocación industrial é o noso mellor aval.
Mais, deberemos manter a alerta. Uns e outros quererán xogar cos prazos. Seguir a demorar débedas históricas, especialmente cando hai quen non quere que sumemos o noso potencial industrial e portuario, ou que reclamémonos como a saída natural da área económica da capital luguesa
