“Gorrillas”
Hai que recoñecer que iso dos “aparcadoiros disuasorios” é algo que a cidadanía acolleu moi ben. É un xeito que ter un sitio onde deixar o teu coche, especialmente para os empregados e veciños deses entornos. Outra cousa é o significado que poida haber tras a palabra “disuasorio”. Habería que saber con respecto a que. Especialmente, dada a localización de algún destes aparcadoiros. En todo caso, é un éxito dos seus promotores e dan “resposta” a unha demanda cidadá, á marxe –obviamente– dos criterios actuais de mobilidade.
Pero, a felicidade non vén nunca soa e hai que pelexar por ela. Tiñamos asumido que no aparcadoiro en superficie –fronte ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol– esa incomodidade que supoñen os “gorrillas” e que reclaman unha tarifa por ter tranquilidade cando deixas o teu coche alí. Mais, estes decidiron ampliar a súa “contrata” a outros lugares da nosa cidade.
Resulta paradoxal a liberdade que algúns teñen para facer o que consideran. Alén da “anécdota”, é evidente que non teñen ningún prexuízo coas autoridades que teñen que abordar esta cuestión, se estes últimos son capaces de entender que as pequenas cousas importan e marcan a diferenza na cidadanía
