Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Os galegos traballan arreo

A verdade que non esperaba que, naquela sobremesa, un dos comensais fóra a mencionar a Paul Lafargue e – menos - nos lembrara aquela pasaxe do “Dereito á preguiza” que consideraba que os galegos eran un pobo que vivía, unicamente, para a súa paixón polo traballo. Recoñezo que o tiña totalmente esquecido. 

O marido de Laura Marx, ao longo da súa vida, será xornalista, escritor, crítico literario, ensaísta e sobretodo, propagandista da Primeira Internacional. Acabará tendo unha grande influencia na España do século XIX. Tanta que haberá unha representación do noso país no enterro de ambos os dous, en París. Lafargue defendía a redución da xornada laboral e o aumento dos salarios, como paso previo para saír da miseria e para que as clases populares poideran acceder aos bens de consumo e á participación democrática. Consideraba que este era o único camiño para obrigar á perfección da tecnoloxía e da industria, que así iría reducindo a necesidade do traballo humano. Imaxino os seus comentarios cando as dereitas en Grecia acaban de impoñer a xornada laboral de trece horas, ou á promesa de Cuca Gamarra á patronal española de volver á reforma laboral de M. Rajoy e baleirar o fondo das pensións públicas.