Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Estes días estiven lendo un artigo do periodista Xabier Fortes titulado “Esperando a los bárbaros”. Unha defensa do periodismo, da información veraz e dos periodistas que están sendo criticados, e en moitos casos acosados, por non censurarse e menos prestarse a ser cómplices da mentira.

Non coñezo ao periodista, pero por cousas da vida si coñecín –hai máis de trinta e cinco anos– ao pai, Xosé Fortes Bouzán. Nesa época, quen subscribe esta columna acababa de chegar á executiva comarcal socialista, adscrito á secretaría de organización, que dirixía Carmelo Teixeiro, sendo secretario xeral Bonifacio Borreiros. Sobradamente coñecidos en Ferrolterra e na cidade naval.

Un día acompañei a Borreiros e acabamos en Pontevedra ceando cunha persoa, da que entón eu non me decatei da súa verdadeira importancia até moitos anos despois. Para aqueles meus vinte e poucos anos, Xosé Fortes era un militar reconvertido en profesor de historia. En fin, un destes regalos que che dá a vida cando só mereces un tirón de orellas. Estaba eu ante un dos fundadores da Unión Militar Democrática a quen tanto deben as nosas actuais Forzas Armadas.

Un Xosé Fortes quen tivo que vivir entre os “bárbaros” do franquismo.