Sofía Fernández, coordinadora de SentiNarón: “O horario, ao ser tan amplo, cobre moitas necesidades; as familias valórano”
Para coñecer mellor todas as actividades e o enfoque da programación deste campamento de conciliación, falamos coa súa coordinadora

Máis aló das múltiples ofertas da comarca, Narón aposta pola conciliación con ‘SentiNarón: Sentinelas do planeta’. A iniciativa, orientada a nenos nenas de 3 a 12 anos, terá lugar nas instalacións do CEIP A Solaina do 22 de xuño ao 31 de xullo. Para coñecer mellor todas as actividades que realizan e o enfoque da programación, falamos coa coordinadora do campamento, Sofía Fernández.
Cal é o obxectivo desta iniciativa do Concello de Narón?
O campamento ten unha temática que xira arredor da educación ambiental, a reciclaxe e a protección da contorna natural para fomentar esa conciencia ecolóxica e o respecto pola natureza na mocidade.
Cantas plazas ofrece?
Son un total de 210 prazas repartidas en tres quendas e hai algunhas –9– que son para nenos e nenas con necesidades especiais.
Cómo evolucionou a demanda nos últimos anos?
Houbo un aumento progresivo, sobre todo na demanda para poder repetir quenda e así aproveitar un pouco máis o campamento.
Cantos monitores e profesionais participan este ano?
Hai un monitor por cada dez nenos máis un por necesidades educativas especiais. É un total de oito máis a coordinación.
Qué clase de actividades van poder realizar os nenos?
Realizamos actividades manuais e creativas encamiñadas a utilizar material reciclado, despois hai un momento de de tempo libre e logo realizarán as actividades máis deportivas. Tamén se levan a cabo xogos de orientación na natureza, de rol relacionados coa educación ambiental, algo de ioga, reciclaxe de roupa...
Hai algunha actividade plantexada para facerse fóra das instalacións do colexio?
Sí, realizaranse varias saídas en zonas da contorna, un pouco ligadas a este tipo de actividades para facer algún roteiro ou utilizar recursos cercanos.
Qué horarios ofrece o campamento para facilitar a conciliación laboral?
As actividades desenvólvense de 9.00 a 14.00. Antes, de 7.30 a 9.00, sería o espacio de conciliación –que ten un servicio de almorzo–, e despois tamén de 14.00 a 15.00.
Cómo valoran as familias o servicio e os horarios do campamento?
As últimas valoracións foron positivas. O horario, ao ser tan amplo, cobre moitas necesidades; as familias valórano.












