O PP de Narón demanda a ampliación dos estacionamentos no centro de saúde de Pedroso
A formación defenderá unha moción no pleno deste mes de maio

O PP de Narón presentará unha moción para o seu debate no pleno deste mes na que se solicita ao Concello a ampliación das prazas de estacionamento no centro de saúde de Pedroso, así como tamén a adaptación da reservada para persoas con mobilidade reducida.
O portavoz, Germán Castrillón, incide en que os numerosos usuarios que acuden ás instalacións “tienen que buscarse la vida para aparcar”, unha situación que se agrava os martes e xoves “cuando se realizan analíticas” e o número de pacientes increméntase.
“Es inadmisible que los médicos y las enfermeras del centro tengan que dar vueltas para poder estacionar después de venir de una emergencia a domicilio”, asevera Castrillón, incidindo ademais en que, aínda que existe un lugar reservado para persoas con mobilidade reducida, “no cumple las medidas establecidas por ley, lo que demuestra la preocupación del gobierno local en cuanto a su política de inclusión”, censura a formación.
Os populares propoñen “retranquear el cierre del parque infantil”, que non está actualmente en funcionamento, para poder crear “hasta cinco plazas nuevas de aparcamiento en la zona inferior y faciltar un acceso que permita acercar los vehículos hasta la rampa”.










