Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Narón

O Día das Letras encherá a axenda cultural naronesa con literatura, música e teatro

A programación comezará ás 11.30 horas, na Praza da Lectura, pero haberá máis actividades noutros puntos de Narón

A música tradicional volverá soar nas rúas naronesas
AEIG
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Este domingo, Narón celebrará o 'Día das Letras Galegas' por todo o alto cunha oferta cultural que abrangue actividades para todos os públicos. Ás 11.30, a Praza da Lectura albergará unha proposta musical para os máis pequenos: ‘O pracer do azul, cartas no vento‘, de María Faltri. Xusto unha hora despois, será a quenda das cantareiras e todos os grupos de baile do Padroado da Cultura da localidade. Xa pola tarde, ás 17.00, o teatro unirase á xornada con ‘Carabela volve aos mares‘, da compañía Galeatro, mentres que ás 18.00 volverá soar a música coa banda de gaitas do padroado cultural. Máis aló disto, de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00, haberá xogos populares para os máis pequenos, así como un espazo de lectura e obradoiros da man da Biblioteca Municipal e a librería Day, ademais de contar cun posto de venda de libros en galego, contará con dous escritores que asinarán exemplares: José Manuel Legazpi pola mañá, e Ana Meilán pola tarde. 

Por outra banda, no Centro Cívico Social de Sedes, a Asociación Cultural Vai Rañala Meu celebrará os ‘Maios das Letras’, que comezarán ás 12.30. Pouco despois, terá lugar a presentación do libro ‘Memorias dun Porco Teixo’, do xornalista Xosé Manuel Felpeto, e a continuación, arredor das 13.30, comezará a sesión vermú coa actuación do grupo de Cantos de Taberna de Sedes. Ao cabo dunha hora, celebrarase unha paellada popular acompañada de viño ou auga, cun prezo de dez euros. Finalmente, a partir das 15.30, continuará a música co grupo lalinense Meninos do Pandeiro. Aparte desta iniciativa, o Pazo da Cultura será o escenario de ‘Ictus’, unha comedia do Grupo Chévere que mestura testimonios e humor para abordar a memoria histórica en Galicia. A función, que contará con intérpretes de lingua de signos, comezará ás 19.00 horas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620