Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Narón

Música, deporte ou gastronomía: ingredientes necesarios para facer veciñanza en Narón

O municipio encara o seu día grande por todo o alto

Un momento da pasada edición
Un momento da pasada edición
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Se xa durante o ano pasado os naroneses e naronesas demostraban que non tiñan medo ás baixas temperaturas se se trata de celebrar o día grande do seu municipio, este ano non ía ser menos.

Este domingo  farase festa na localidade para conmemorar a primeira acta que se conserva na que sae o seu nome propio –que data do 1837– e, como non podía ser doutra forma, a idea é reunir a todos os que participan no día a día: veciños e veciñas.

“Levamos desde 1993 celebrando esta data e vemos que segue a ser un acto familiar onde todos nos relacionamos, tomamos uns callos... É unha toma de contacto onde se unen os barrios, que é o máis bonito. Non só veñen persoas de todas as idades, senón tamén de todas as parroquias”, explica a encargada da concellería de Festas, Mar Gómez, que tamén foi a encargada de dar a coñecer a programación da que van disfrutar todos aqueles que se desplacen ás inmediacións do polideportivo Campo da Serra.

“Pensando en todos”

Este festivo local tivo a casualidade de coincidir neste 2025 cun domingo, polo que a programación –ademais de contar cunha comida popular que en cada edición causa furor– “está adaptada, en certa forma, aos tempos dos máis pequenos. Somos conscientes de que os nenos e nenas teñen cole”, explica Gómez, polo que buscaron respectar os horarios, “pensando en todos”.

Isto permite, ademais dunha xornada de convivencia, un día no que se fomenta a identidade común, unha cuestión que, desde o goberno de TEGA, consideran “importantísimo”, xa que permite “o diálogo, o coñecemento e o saber, todo dentro dunha festividade”.

Gómez, á fronte dunha carteira como esta nun concello que pode presumir tanto de actividade por parte do tecido asociativo como daqueles que deciden facer del a súa casa, asegura que este é un evento “no que se demostra o amor dos naroneses”, pero que sería impensable sen colaboración. “Somos un concello aberto ás parroquias. Hai moitas entidades que queren facer cousas, e nós, na medida das nosas posibilidades, nos abrimos a elas. Intentemos estar aí, e esta conmemoración ao final tamén é iso, unha apertura a todo tipo de actividades”, explica.

Ser “aberto á cidadanía” é, para Mar Gómez, unha vantaxe, unha demostración da propia pluralidade deste municipio que non para de medrar e que acolle cos brazos abertos a todos os que celebran por primeira vez esta festa, unha xornada de pura celebración.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620