Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Curso

Os bombeiros do Speis, de Ferrol e de Navantia fórmanse sobre cisternas de Gas Natural Licuado

A xornada estivo impartida polos técnicos da empresa barcelonesa HAM

Un instante de la formación
Un instante de la formación
Cedida

Os profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) do Concello de Narón, xunto aos bombeiros da cicade de Ferrol e de Navantia, tomaron parte nunha formación sobre cisternas de Gas Natural Licuado (GNL).

A xornada estivo impartida polos técnicos da empresa HAM, líder en servizos integrados de GNL, con sede en Barcelona. Durante a mesma, os participantes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man os diferentes elementos que compoñen unha cisterna de GNL, vehículos que transitan habitualmente, lembran desde o Concello naronés, polas estradas das comarcas.

A formación serviu, ademais, para que os bombeiros e os técnicos da firma barcelonesa intercambiasen impresións sobre posibles situacións de emerxencia relacionadas con este tipo de mercadoría, “co fin de estar preparados e traballar sempre coas máximas garantías de seguridade”, expón o executivo de Narón, que lembra que as cisternas de GNL son as máis grandes dedicadas ao transporte de mercadorías perigosas por estrada.

As súas dimensións aproxímanse aos 14 metros de lonxitude e contan cunha capacidade de ata 22.000 quilogramos deste gas, que pode empregarse como combustible en fogares ou industrias, substituíndo a outro tipo de carburantes.