Sociedade
Narón interésase polo traballo da Asociación Dolor Persistente
A alcaldesa, Marián Ferreiro, mantivo un encontro con representantes da entidade, que desenvolven o seu labor con afectados e familiares

La alcaldesa, en el centro, junto a las representantes de Adope
Concello
A rexedora naronesa, Marián Ferreiro, mantivo un encontro de traballo con María José Aneiros, Josefa Marín e María León, representantes da Asociación Dolor Persistente (Adope), de recente creación.
Desde a entidade explicaron á alcaldesa o seu labor, con accións que comezaron a desenvolver tanto no plano dos dereitos do colectivo como no apoio aos afectados e as súas familias.
Ferreiro destacou a importancia destas agrupacións e felicitou a estas mulleres “por ter dado ou paso de botar a andar a asociación”.