Curso en Narón de xestión de residuos urbanos e industriais para desempregados
Conta cun total de 15 prazas dispoñibles e unha duración de 468 horas

Narón comezou o proceso de selección do alumnado para participar no certificado profesional de Xestión de residuos urbanos e industriais, unha formación financiada pola Consellería de Emprego cunha duración de 468 horas. A edila responsable da área, Natalia Hermida, destacou onte que o centro Irmás Froilaz da Gándara é o único en Galicia homologado que executa esta modalidade.
Diríxese a persoas desempregadas e conta cun total de 15 prazas dispoñibles. Levarase a cabo en horario de mañá, con cinco horas por día, e inclúe tamén formación en empresa e un curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas.
Aquelas persoas interesadas en anotarse poden preinscribirse a través da web. É posible consultar máis información sobre esta iniciativa nos números de teléfono 981 333 135 ou 981 337 700 (extensións 2602/1123). Tamén nas direccións de correo electrónico a.alvarez@naron.gal ou a.lagoa@naron.gal.
