Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Visitas guiadas

O Océano Surf Museo de Valdoviño expón as xoias do deporte da man de Enrique Artero

Este xoves celébrase a primeira das dúas visitas guiadas polo propio coleccionista, coincidindo co Pantín Classic

O propietario da coidada selección que se exhibe no museo de Valdoviño
O propietario da coidada selección que se exhibe no museo de Valdoviño
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Enrique Artero, que posúe a colección de táboas particular considerada a máis importante de España, guiará esta mesma tarde de xoves 27 unha visita no Océano Surf Museo de Valdoviño, coincidindo coa celebración do Pantín Classic. As persoas interesadas en participar nesta proposta gratuita, que se repetirá o venres 28, en ambos casos ás 19.00 horas, deberán inscribirse antes debido a que as prazas son limitadas.

‘O surf chega ao Cantábrico’ é o nome desta exposición, que se inaugurou o pasado mes de xullo, oito anos despois de que o coleccionista exhibira as súas xoias nestas mesmas instalacións. As pezas que se mostran son únicas e forman parte da historia deste deporte dende as súas orixes, propoñendo ao visitante un percorrido pola súa evolución ao longo dos anos.

Algúns dos exemplos máis destacados poden ser a táboa coa que Jorge Imbert conquistou a primeira edición do Pantín Classic ou unha selección da marca Jerónimo, unha das firmas pioneiras no territorio estatal que, co paso do tempo, foise convertendo na fábrica máis importante de Europa. Así mesmo, a selección inclúe a táboa coa que Mark Richards gañou cinco Mundiais entre 1977 e 1982 ou a última, que deu a oportunidade de vencer nun campionato do mundo cun só timón.

Para quen non desexe perderse a oportunidade de coñecer estas e outras moitas historias, da man de Enrique Artero, deberá inscribirse enviando un correo electrónico ao oceanosurfmuseo@gmail.com.

Esta exposición conta co apoio da Xunta, a través da liña de axudas das Festas de Interese Turístico de Galicia, e enmárcase ademais no proxecto ‘Miradas ao mar: xornadas de divulgación sobre surf, turismo e patrimonio costeiro’. O Concello de Valdoviño promove esta iniciativa co financiamento do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura e a Consellería do Mar, por medio das subvencións xestionadas polo GALP A Mariña-Ortegal. Ao longo do período de entre 2026 e 2028, este plan combinará divulgación científica, sensibilización ambiental e promoción turística.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620