Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Valdoviño

O II Pasea e Tapea por Valdoviño encara o seu terceiro e último fin de semana

Dezaoito establecementos hosteleiros do municipio servirán as súas elaboracións de venres a domingo no certame organizado polo Concello

IMG-20260422-WA0010
Os locais participantes ofrecen unha grande variedade de tapas
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A segunda edición do Pasea e Tapea por Valdoviño entra na súa recta final. 

Esta fin de semana a cidadanía terá a última oportunidade para degustar as saborosas elaboracións realizadas polos dezoito establecementos de hostalería que participan no certame organizado polo Concello. Será entre este venres 24 a o domingo 26, en tres horarios diferenciados segundo o local, e ao prezo único de 2,5 euros.

IMG-20260422-WA0003
Ir de tapas a fin de semana é a proposta que fai Valdoviño
Cedida

A concelleira de Turismo e Cultura, Rosana García, valora a resposta cidadá á iniciativa, coa que o Concello busca apoiar o sector hosteleiro en tempada baixa, dando visibilidade aos negocios e procurando novos argumentos para visitalos e desfrutalos, e tamén promocionar o municipio a través da súa gastronomía. Precisamente será a clientela a que decida cos seus votos a mellor tapa do concurso. Para isto, deberá percorrer todos os establecementos, probar as súas elaboracións, selar a cartilla e introducila na urna coa súa elección e teléfono de contacto.

IMG-20260422-WA0000
A variedade de produto está presente no concurso
Cedida

A próxima semana realizarase o reconto e tamén o sorteo da comida ou cea no local gañador entre as tarxetas recepcionadas. Non será o único premio. Con cada tapa o cliente recibe un boleto que, cuberto, pode entregar tamén en urna e participar así no sorteo de tres cestas con produtos gastronómicos do territorio. Produtos adquiridos na cooperativa de Lago, na Tenda de Meirás e máis á produtora local Ay Carmen -o pasado ano a compra fíxose na cooperativa de Meirás-.

IMG-20260422-WA0009
Imaxe dunha das propostas
Cedida

A relación de locais participantes no certame é a seguinte, segundo o horario de apertura: 

Venres e sábado de 20.30 a 22.00 horas e sábado e domingo de 12.30 a 14.30:

 PideΠka: Tentación crocante

Café Bar Piruliña: Delicatessen do mar de Valdoviño 

Os Dous de Sempre: ovos e zorza 

Casa Marino: Niño de ovo de codorniz 

Campo García: Panipuri recheo de longaniza 

Las Olas by Pantín: Midnight Blues 

A Cepa: Ovos encapotados con pastel de porro 

O Garaxe: Delicias de chocos

Kami: Brocheta de polo doce 

Teleclub Vilaboa: En Vilaboa quero quedar 

Venres e sábados de 20.30 a 22 horas:

A Madriña: Timbal de rabo de vaca ao viño tinto 

O Castro: Canastilla crocante de roupa vella

Porta do Sol: Tenreira ao caldeiro 

Sábados e domingos de 12.30 a 14.30 horas:

A Torre do Lago: Do mar a Torre

 O Bichesco: Hot dog de cocido 

A Trasanquesa: Callos 

Morriña: Roliño Morriña 

A Taberna do Puntal: Empanada de cocido

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620