Xacarandaina pecha a golpe de pandeiretas o Día da Muller Rural en San Sadurniño
O grupo que actúa este mesmo sábado pertence a unha entidade con máis de 40 anos percorridos, que destaca tamén polo seu labor educativo e de invetigación da cultura galega

As pandeireteiras de Xacarandaina, o grupo de música e baile tradicional coruñés que leva 46 anos traballando pola cultura tradicional galega, serán as encargadas de pechar este mesmo sábado 25, a partir das 19.00 horas na Casa da Cultura de San Sadurniño, o programa polo Día Internacional da Muller Rural.
Aínda que a entrada é gratuíta, puxéronse a disposición os seguintes contactos para as reservas: 616 332 919 ou o correo agustin.perez@sansadurnino.gal.
O grupo que actuará está integrado por nove mulleres que non só utilizan as pandeiretas, senón tamén voces e outros instrumentos de man, que son unha parte esencial da identidade galega. Amais das clases musicais e outras como a xoiería con bordado ao aire, no labor de Xacarandaina destaca a divulgación e a investigación.