Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Infantil

Cris de Caldas leva a Neda ‘Contos en lila’ para rachar dende cedo cos estereotipos de xénero

O espectáculo de narración oral infantil desenvolverase na biblioteca municipal con entrada libre

Cris de Caldas levará 'Contos en lila' á biblitoeca municipal de Neda
Cris de Caldas levará 'Contos en lila' á biblitoeca municipal de Neda
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Este sábado, ás 12.00 horas na biblioteca municipal de Neda, Cris de Caldas exhibirá o seu espectáculo de narración oral dirixido ao público infantil ‘Contos en lila’. Trátase dunha proposta do Concello para despedir o curso escolar, con entrada libre e de balde, que pon a vista nun futuro igualitario e sen roles de xénero ao animar a que os nenos e nenas reflexionen sobre a necesidade de avanzar cara esa sociedade máis xusta.

“Das caixas máxicas dos contos saen carapuchiñas que non saben o seu conto, dragóns que parecen galos de curral, traballadoras en folga, princesas de pernas tortas, e un neno que chora e provoca unha revolución”.

Así se presenta esta proposta que retrata un mundo máis fiel á realidade que o que adoita acontecer nos contos de princesas, outorgándolles a elas a valentía e falando de “nenos con dereito a chorar e mulleres donas das súas decisións”.

O espectáculo chega a Neda a raíz da colaboración entre o Concello e a Xunta, no marco dun programa que trata de dinamizar as zonas polas que pasa o Camiño de Santiago.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620