Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Programación

O Festival do Río Castro desvela o cartel cunha sesión vermú ao remate dunha ruta por Naraío

O arqueólogo Eloi Saavedra guiará o percorrido este sábado 30, dende o castelo até a igrexa de Santa María, pasando por numerosos puntos de interese patrimonial

Un dos moitos bailes botados no Festival do Río Castro do pasado 2025
Un dos moitos bailes botados no Festival do Río Castro do pasado 2025
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Este sábado 30 desvelarase o cartel e a programación da XXXI edición do Festival do Río Castro, que continúa esta longa tradición no lugar da Bóla, coma sempre, o primeiro sábado de xullo. Seguindo o proceder dos últimos anos, a asociación veciñal O Castelo de Naraío intercala estes encontros previos entre as dúas tabernas que están en activo na parroquia, desta volta no bar Eladio. Non obstante, a xornada comezará xa ás 10.30 cunha ruta cultural e ambiental guiada polo arqueólogo Eloi Saavedra e rematando coa sesión vermú-presentación.

O percorrido, totalmente de balde e sen necesidade de inscrición, principiará ao pé do castelo de Naraío e rematará na igrexa parroquial. Ás persoas que se animen a participar daráselles a coñecer a historia da fortaleza medieval, cuxas súas orixes aínda están rodeadas de misterio a pesar dos numerosos estudos.

Despois de atravesar os muros e a torre principal, o arqueólogo conducirá o roteiro cara á fervenza e a central hidroeléctrica, que foi voada polos maquis na década de 1940. O itinerario continuará río Castro abaixo para amosar os exemplos de, cando menos, seis muíños tradicionais e outros elementos patrimoniais como a ponte medieval da Ferraría e o seu porco de pedra.

A ruta rematará na igrexa de Santa María, unha das máis antigas da comarca, que acubilla as tumbas coa heráldica da familia Pita da Veiga e, entre outros trazos destacables, conserva pinturas ao fresco que se calcula que poderían datar dos séculos XVI ou XVII. Ao final, coordinarase o transporte para recoller os vehículos que quedaran no punto de saída.

Festival

A asociación ten previsto un orzamento próximo aos 20.000 euros para esta edición do Festival do Río Castro, dos que 6.500 corresponden a unha achega nominativa do Concello de San Sadurniño, que tamén facilita a actuación da C­orral Poliafónica do Aturuxo de Melpómene, a través da Rede Cultural da Deputación.

O encontro no bar Eladio, que terá lugar a partir da 13.30 horas, servirá para anunciar os grupos participantes e para exhibir por primeira vez o deseño do cartel elaborado, un ano máis, polo artista gráfico Juanlu Nacha. Ademais, haberá petiscos coas consumicións e a festa continuará pola tarde cunha foliada libre.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620