Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Neda

‘O transgredir das ondas’ que lembra á máis “insubmisa” Begoña Caamaño, na Piruchela

A obra dramática de Paula Carballeira presentarase este venres 22 en Neda, coa presenza da autora de Maniños

A autora da obra dramática que se presentará o venres, Paula Carballeira
A autora da obra dramática que se presentará o venres, Paula Carballeira
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

‘O transgredir das ondas’ é o título tanto dun programa de pódcast como dunha obra teatral escrita por Paula Carballeira, de Maniños, autora gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática por ‘As alumnas’. En ambos casos, a protagonista é a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, Begoña Caamaño, a quen se lembrará este venres 22, a partir das 20.30 horas, no local da asociación cultural, gastronómica e deportiva Piruchela, en Neda.

O pódcast no que a xornalista Xoana Barreiro vai reconstruíndo “a faceta máis insubmisa e desobediente de Begoña Caamaño”, a partir da recompilación de distintas testemuñas, serviu de punto de partida para a elaboración desta nova publicación que lanza Editorial Galaxia e que presentará o venres a propia autora, nun encontro no que conversará con Ana Pérez.

Autora

Paula Carballeira é licenciada en Filoloxía e especializouse en Arte Dramática. Profesionalmente, dedícase á narración oral dende hai máis de 30 anos, ademais de ser actriz, directora de teatro e escritora. Na súa faceta interpretativa, participou en distintas series e programas populares da televisión pública galega.

Ademais do Premio Nacional de Literatura Dramática que lle concedeu o Ministerio de Cultura y Deporte no ano 2023, entre os recoñecementos obtidos pola autora fenesa destacan o IV Certamen Manuel María de Proxectos Teatrais e os recentes María Casares cos que se valorou neste mesmo 2026 a peza ‘Berenguela na gaiola’, que conseguiu dous galardóns distintos nas categorías de Mellor Espectáculo Infantil e Mellor Adaptación.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620