Neda
Touriñán protagoniza unha ‘Pirucharla’ con Ana Santiago no local da Piruchela de Neda
Este sábado ábrense as portas ao público para gravar este novo pódcast en directo

Xosé A. Touriñán no Auditorio de Ferrol
Daniel Alexandre
A actividade desta fin de semana na sede da asociación cultural, gastronómica e deportiva Piruchela, situada na rúa Trovador Esquío de Neda, centrarase na gravación dun novo programa de pódcast en directo con convite ao público, 'Pirucharla', o sábado 16.
En lugar de estar conducido por Pepe Cunha, o entrevistador de artistas musicais en ‘Onda Piruchela’, será Ana Santiago a encargada de charlar co convidado, Xosé A. Touriñán. O encontro celebrarase este mesmo sábado, a partir das 12.30 horas, e as portas do local non volverán abrir até o próximo venres 22, cando Paula Carballeira presentará ‘O transgredir das ondas’.











