Cultura
Un ensaio aberto na Piruchela leva a Neda a música e a poesía que garda ‘O faiado das papoulas’
A asociación cultural, gastronómica e deportiva volve facer "sold out" co concerto de Uxía e Pablo Novoa

Marina Vidal e Baia Fernández, esta última co seu poemario 'O faiado das papoulas'
Cedida
A Piruchela de Neda será escenario este venres 8 para un ensaio do proxecto poético musical ‘O faiado das papoulas’, de Baia Fernández e Marina Vidal. Estarán xuntas no local da rúa Trovador Esquío a partir das 20.30 horas, propoñendo ao público asistir a un dos seus ensaios abertos, con entrada libre até completar a capacidade.
Ademais, a asociación volveu pendurar o cartel de “completo” a un concerto, o que ofrecerán Uxía e Pablo Novoa o domingo.










