Teatro
A Deputación estreou en Neda a súa proposta contra o bullying, usando a cultura de ferramenta
Ventrículo|Veloz é a compañía que se ocupa da iniciativa

A obra de Jose Padilla, "Papel 2.0", interprétana Laura Calero e Micaela Portillo
Jorge Meis
No escenario do IES Fernando Esquío deuse inicio este mesmo luns a unha xira teatral organizada pola Deputación da Coruña, que levará a peza “Papel 2.0”, da compañía Vertículo|Veloz, por distintos centros educativos da provincia. O de Neda é o único nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal en recibir esta proposta, destinada a previr e concienciar sobre o acoso escolar entre a mocidade.
A peza que se representou é a segunda parte, precisamente, da primeira obra propia coa que a compañía subiu a un escenario, titulada “Papel”. O grupo continuou posteriormente tocando outras temáticas de interese comunitario, polo que pode considerarse especializada nestes contidos, que de novo volven mirar á lacra social coa que comezaron a traballar.







