Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Obradoiro infantil

As "Ramas literarias" medran cos máis pequenos na biblioteca de Neda

Nenas e nenos de 6 a 11 anos están chamados a participar nun obradoiro creativo

Imaxe da sala infantil na biblioteca municipal de Neda
Imaxe da sala infantil na biblioteca municipal de Neda
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Este xoves 27 terá lugar na biblioteca municipal de Neda, ás 17.30 horas, o obradoiro infantil creativo “Ramas literarias”, dirixido a pequenas e pequenos de 6 a 11 anos.

No taller convidarase aos participantes a realizar unha obra plástica inspirada nos libros ou nas historias que marcaron a súa vida literaria, de xeito que reflexionen sobre cales lles pareceron as mellores lecturas.

Así, personalizarán o tronco e as pólas dunha árbore, elaborada con diversos materiais que se facilitarán na propia sesión, con elementos escritos ou decorativos que teñan relación cos distintos títulos. As familias interesadas en participar nesta actividade, que conta co apoio da Deputación, deberán apuntar aos fillos ou fillas no 981 390 233 ou presencialmente na biblioteca, de luns a venres, de 9.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620