Teatro
Iria Pinheiro protagoniza en Neda unha peza baseada en feitos reais sobre o acoso sexual na industria televisiva
A obra conta o proceso xudicial que viviu de primeira man ao denunciar ao director do programa no que traballaba a actriz e dramaturga

Iria Pinheiro protagoniza "Vitória", un relato sobre o proceso que supuxo a súa propia denuncia
Adarme Visual
O ciclo Tempo para o Teatro acada este mesmo venres 21, ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Neda, a segunda función: “Vitória”. Nesta peza autobiográfica, protagonizada por Iria Pinheiro, trátase o acoso sexual na industria televisiva a partir do proceso xudicial vivido por ela mesma.
O elenco complétase con Salvador del Río e Victoria Pérez, e xuntos reconstrúen esta trama que rematou coa absolución do acusado.










