Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Neda

As rondallas volven á Casa da Cultura de Neda para ofrecer un concerto con tres agrupacións

O encontro terá lugar este sábado

Lucero del Alba, nunha actuación en Caranza, é unha das organizadoras | Emilio Cortizas
Lucero del Alba, nunha actuación en Caranza, é unha das organizadoras | Emilio Cortizas
EC

O centro cultural recreativo e deportivo El Puntal e a Rondalla Añoranzas organizan este sábado 27, a partir das 19.00 horas na Casa da Cultura de Neda, un festival no que participarán tres agrupacións tradicionais deste tipo, procedentes das comarcas de Ferrol e Ortegal.

Despois da última edición do certame da Canción Mariñeira, as rondallas volven ser o foco de atención no municipio.

Por unha banda subirá ao escenario a Rondalla de Cariño, que neste 2025 conmemora o seu 30 aniversario. Esta formación estará acompañada da veterana organizadora Añoranzas, nacida no 1983, e, como non podía ser doutro xeito, tamén da nedense Lucero del Alba, que comezou a súa traxectoria nos anos 70.

A cita, que conta coa colaboración do Concello e a Deputación, é de entrada libre.