Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cultura

Un roteiro polas Fragas do Eume reúne banda deseñada, documental e visita guiada en Caaveiro

A iniciativa está organizada pola asociación cultural mugardesa Apelón Educación, a libraría As Lendas do Gato e Emisoras municipais galegas

Camiñantes polas Fragas do Eume
Camiñantes polas Fragas do Eume
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A asociación cultural Apelón Educación e a libraría As Lendas do Gato, ambas de Mugardos, coa colaboración da agrupación de Emisoras municipais galegas –Emuga–, organizan este xoves 18 unha actividade especial. Trátase dun roteiro singular polas Fragas do Eume, que incluirá paradas como a presentación dunha banda deseñada ambientada neste espazo natural ou a proxección do documental ‘Os fíos da memoria’, producido por Son Radiofusión.

O Centro de Interpretación das Fragas do Eume será o punto de encontro desta saída, que compezará coa presentación da banda deseñada ‘A morte nas fragas’, escrita por Anxos García Fonte, de Pontedeume, e ilustrada por Carlos Sardiña, de Fene. A continuación, Henrique Sanfiz conducirá a proxección do documental ‘Os fíos da memoria’, que relata a investigación de Constantino Rico, cidadán francés de raíces galegas que desvela a crúa historia familiar vivida na Guerra Civil e posguerra. Ademais dun momento de repouso para compartir uns petiscos, o roteiro incluirá unha visita guiada ao mosteiro de Caaveiro.

Para participar nesta actividade é preciso ter praza reservada, poñéndose en contacto co número de teléfono 633 466 293. As persoas socias de Apelón Educación deberán aboar 5 euros e 7 no caso do público xeral.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620