Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Moeche

O Festival Irmandiño de Moeche xa ten datas, grupos e xente con ganas

As veciñas e veciños foron un ano máis os primeiros en coñecer os detalles da XLVII edición ao ritmo de Nimbos

Fillas de Cassandra, unha das confirmacións do XLVII Festival Irmandiño, actuando nas festas de Ferrol
Fillas de Cassandra, unha das confirmacións do XLVII Festival Irmandiño, actuando nas festas de Ferrol
Emilio Cortizas
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O concerto que ofreceu a banda pontesa Nimbos en Moeche a pasada fin de semana serviu para quentar motores con vistas ao XLVII Festival Irmandiño, o máis lonxevo da comarca que se vén celebrando ininterrompidamente, e que este ano abranguerá do venres 21 ao domingo 23 de agosto. As datas foron só unha parte dos adiantos que se ofreceron nesa presentación do evento con actuación incluída, entre os que destacan as primeiras confirmacións que actuarán nos escenarios situados no campo de Melle e no castelo.

Aínda que o Irmandiño tampouco se fai sen toda a xente que atrae cada ano este histórico festival, un ano máis volven ser os seus imprescindibles veciños e veciñas os primeiros coñecedores do que se vai vivir no seu territorio. Entre outros, exhibiuse en primicia o cartel desta edición, que se publicará nos próximos días nas redes.

O encontro tivo lugar no local social do Pereiro, desta volta co concerto no exterior grazas á claridade da noite, que veu da man dunha das bandas protagonistas da XLV edición (Nimbos). Tamén se continuou coa tradición de complementar o anuncio cun concurso de tortillas, que contou cun xurado que non puido estar máis acertado, xa que a receita gañadora foi a que se rematou primeiro, unha vez se deron a probar todas á xente.

Agrupacións

Para incrementar as ganas de Irmandiño entre os habitantes de Moeche déronse a coñecer os proxectos musicais que se escoitarán este ano, soamente a falta dun para o sábado 22. Ese segundo día tras a primeira xornada de foliada haberá, como novidade, un obradoiro de baile pola tarde, impartido por Nel Villanueva, un dos artistas incluídos no cartel do domingo, cando está previsto que presente o seu novo proxecto, Leirana, de música tradicional asturiana con influencias varias.

Do seu concerto ao pé do castelo de Moeche fai tres anos, Os d’Abaixo pasarán agora a abrir o festival, precedendo ao conxunto formado por Xosé Lois Romero e Aliboria, terceira confirmación.

Outra das agrupacións desveladas, en presenza dalgún dos integrantes, foi No Cómbaro, que despois de tocar na XLV edición voltará para actuar o domingo, ademais de axudar a animar a foliada do venres 21, á que están convidados todos os músicos da contorna e, por suposto, os artistas do festival.

Como último adianto, Fillas de Cassandra presentarán o seu novo disco no Irmandiño, constituíndo un dos poucos festivais gratuítos na súa axenda.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620