Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Literatura

A poeta de Moeche, Soraya Castro, presenta a súa última publicación “na casa”

O ilustrador de "Tebras", Redhead Shelley, tamén estará presente no encontro deste mesmo venres

06/11/2025 12:39
Imaxe dunha presentación anterior do poemario "Tebras", de Soraya Castro
Imaxe dunha presentación anterior do poemario "Tebras", de Soraya Castro
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

“Tebras” é o título do último poemario firmado pola escritora de Moeche, concretamente da parroquia de Abade, Soraya Castro. Esta autora dará a coñecer o exemplar mañá, nun acto que comezará ás 17.00 horas, no centro cultural Francisco Piñeiro, e no que tamén participará o ilustrador, Redhead Shelley.

Tanto o nome escollido como a propia estética da edición, que foi publicada o ano pasado, revelan que se trata dunha obra que convida a somerxerse na parte máis escura da autora. Soraya Castro presenta desta volta unha viaxe visceral, na que cada poema converte as emocións nun campo de batalla.

Tal e como se di no propio exemplar, trátase de “unha loita entre o tempo e a realidade/ A bifurcación do ser entre o odio e o/ amor, o medo e o baleiro./ Emocións crúas, rasgando o trauma dende dentro./ Sentimentos agudos/ contrapoñéndose entre si./ Un pozo escuro onde exteriorizar a dor,/ a rabia e tamén, se cadra, a luz”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620