Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ano Oteriano

Os 88 anos de vida de Otero Pedrayo, resumidos na exposición que chega xa a Fene

Esta proposta da Fundación Penzol, coa cátedra da USC presentada no 2025, forma parte do 50 cabodano do autor

A inauguración da mostra na Casa Galega da Cultura en Vigo contou cunha destacada cobertura mediática
A inauguración da mostra na Casa Galega da Cultura en Vigo contou cunha destacada cobertura mediática
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Transcorridos oito meses deste Ano Oteriano que conmemora a nivel galego o 50 cabodano do escritor, xeógrafo, profesor e político Ramón Otero Pedrayo, chega este martes 25 á Casa da Cultura de Fene unha mostra biobibliográfica que percorre os 88 anos de vida deste chamado “patriarca” das Letras Galegas, despois de terse inaugurado en marzo, en Vigo. A proposta estará dispoñible até o 11 de setembro na sala de exposicións temporais, que poderá visitarse de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.

A Editorial Galaxia encargouse de producir esta proposta para a Fundación Penzol e a cátedra Otero Pedrayo da Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración da Deputación da Coruña. O resultado foi unha mostra divulgativa que se divide en catro seccións cronolóxicas.

O primeiro apartado abrangue dende a infancia até o matrimonio con Dona Fita, como se adoita coñecer a Josefina Bustamante Muñoz; a segunda, do seu regreso a Ourense á chegada da II República; a terceira, do período entre as eleccións ás Cortes Constituíntes e a aprobación da cátedra de Xeografía da USC, aos seus 62 anos; e a última parte, desde a súa participación na fundación da Editorial Galaxia, da que foi presidente, até o seu falecemento.

Xosé Manuel Soutullo, director da Fundación Penzol, e o tamén directivo Xosé Manuel Dasilva, catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo, son os comisarios de ‘Ramón Otero Pedrayo. 1888-1976’.

Homenaxe

O ourensán ao que se lle adica todo este 2026, despois de que o ano pasado a homenaxe fora para Castelao, foi unha das figuras máis destacadas do ámbito cultural galego, que despuntou como membro da xeración Nós e por ter ingresado, no 1918, nas Irmandades da Fala. Así mesmo, no Seminario de Estudos Galegos responsabilizouse da área de Xeografía, foi académico da RAG e deputado galeguista nas Cortes Constituíntes Republicanas, traballando na aprobación do estatuto de autonomía de Galicia de 1936.

Á marxe da causa galeguista, que chegou a expedientar e apartar a Otero Pedrayo do seu traballo docente, o homenaxeado é autor dunha extensa obra narrativa, ensaística, dramática e poética, sen contar as traducións que tamén realizou.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620