Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Patrimonio rural

Os muíños de Fene conquistan un premio ‘Somos Rural’ co audiovisual do CEIP Os Casais

O vídeo galardoado, xa en YouTube, é parte dun proxecto de investigación e divulgación do patrimonio local

O vídeo titulado ‘Muíños’ pódese localizar na canle de Anpas Galegas
O vídeo titulado ‘Muíños’ pódese localizar na canle de Anpas Galegas
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O CEIP Os Casais de Fene vén de recoller o segundo premio da cuarta edición de ‘Somos Rural’, o certame audiovisual que organiza a Confederación de Anpas Galegas, que xa outorgou a primeira posición a este centro polos traballos arredor do patrimonio indiano na localidade e os hórreos deste territorio. Nesta ocasión elixíronse os muíños como protagonistas, un dos elementos máis representativos da historia do municipio, onde chegaron a funcionar máis de 50 no século XVIII

Este vídeo forma parte do proxecto educativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado, profesorado e familias. Así, o traballo incluíu outras actividades como unha exposición fotográfica, a construción dunha réplica dun muíño na entrada do colexio, que serviu para comprender o seu funcionamento, e unha visita didáctica ao Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia –Cimix–, no concello de Narón.

Tamén destacou o peche desta programación de reivindicación do patrimonio histórico, cultural e industrial do concello de Fene, celebrado a finais do mes de febreiro. Foi unha xornada aberta ás familias na que se realizaron recreacións da vida labrega tradicional e dúas bisavoas de alumnas do CEIP Os Casais compartiron as súas experiencias vinculadas aos muíños familiares.

Certame

‘Somos Rural’ ten o obxectivo de revalorizar o rural galego a partir do seu patrimonio material ou inmaterial, cun interese particular en que este labor sexa desempeñado por alumnado destes territorios, que son quen conservará no futuro a súa paisaxe, tradicións e cultura.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620