Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Tradicional con electrónica

O pequeno músico Gael Ares pasa de actuar no teatro Colón ao Museo do Humor de Fene en horario de sesión vermú

Este fenómeno que agora presenta videoclip atrévese con toda a percusión tradicional, ademais de tocar a gaita dende os cinco anos con Dani Bellón

11/06/2026 19:25
Gael Ares recollerá o premio este xoves na V Gala DACCultura
Gael Ares recollerá o premio este xoves na V Gala DACCultura
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Gael Ares, o músico de Fene que gañou a oitava edición do concurso Quero Cantar na categoría infantil, presentará o videoclip de ‘Bule Bule’ este sábado 13, no Museo do Humor, a partir das 12.00 horas. Esta é a peza coa que conquistou ao xurado do concurso que organiza a área de Cultura da Deputación, sobre o emblemático escenario do teatro Colón da Coruña. O encontro incluirá unha conversa co artista e a súa actuación en directo, no que o público poderá achegarse a un pequeno fenómeno que se atreve con calquera instrumento da percusión tradicional, amais da gaita que toca dende os cinco anos, aprendida de Dani Bellón. 

A través do certame de música infantil e xuvenil, os gañadores e gañadoras poden facer uso dun estudio profesional para perfeccionar as pezas presentadas e arranxar outras novas, tal como puido aproveitar Gael Ares, que presentará agora o resultado do seu primeiro videoclip.

O recinto industrial de Navantia serve de escenario para este audiovisual, que captura os guindastres do estaleiro para ambientar unha produción que contou coa colaboración dun grupo de pequenos bailadores.

O artista foi premiado con material musical e produtos culturais en galego por valor de 1.500 euros, coa gravación da maqueta en estudio profesional e a do videoclip.

Artista

Dende ben pequeno podíase supoñer que Gael Ares tiraría por esta arte, xa que os seus xoguetes preferidos eran sempre os instrumentos. Os seus gustos evidencian paixón pola música tradicional galega, que actualmente fusiona con electrónica cun afán experimental, como é o caso de ‘Bule Bule’.

Aínda que o artista gañou o Quero Cantar 2025 con 11 anos, cando tiña catro xa coñeceu a Davide Salvado, quen o subiu ao escenario en distintas ocasións, e con oito comezou a estudar no conservatorio Xan Viaño, onde completou o grao Elemental de contrabaixo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620