Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Axenda

Circo entre libros na biblioteca municipal de Fene para non deixar de celebrar as Letras Galegas

Malabares, equilibrios, contos e humor mistúranse neste espectáculo, con entrada libre

Un dos espectáculos de Dani Blanco, encargado da proposta en Fene
Un dos espectáculos de Dani Blanco, encargado da proposta deste xoves en Fene
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Fene propón ao público familiar achegarse este xoves 28, a partir das 18.00 horas, á biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé para presenciar o espectáculo do actor, malabarista, clown, docente e narrador oral Dani Blanco. Esta proposta inclúese dentro da programación con motivo do Día das Letras Galegas, que nesta localidade comezou a celebrarse a semana pasada coa inauguración dunha mostra bibliográfica dedicada a Begoña Caamaño, a escritora e xornalista homenaxeada este ano pola RAG.

A proposta que achegará Dani Blanco á biblioteca fenesa mestura varias das disciplinas nas que se especializou este artista, como son os malabares con pelotas e os números de equilibrismo, que van casando con distintos contos aos que se lle van engadindo doses de humor.

Dani Blanco fundou a compañía de improvisación Themomento impro e no 2003 Assircópatas, coa que puido levar distintas propostas por numerosos países, ademais de integrarse no colectivo circense Muu e no de teatro Diáspora escena. As persoas interesadas en asistir a este espectáculo poderán facelo con entrada libre e de balde até completar a capacidade do espazo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620