Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Conmemoración

As primeiras Letras Galegas da comarca celébranse en Perlío co son de Tradicornio

Este ano réndese homenaxe á "voz feminista e libre" da escritora e xornalista Begoña Caamaño

Begoña Caamaño no parque de Bonaval de Santiago de Compostela
Begoña Caamaño no parque de Bonaval de Santiago de Compostela
Sonia Díaz
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo –CCRD– de Perlío adianta a conmemoración do Día das Letras Galegas e convoca o primeiro encontro da comarca que celebra esta efeméride. A xuntanza tera lugar este sábado 9, a partir das 19.00 horas, cunha programación que inclúe música e poesía como protagonistas.

Este encontro, que terá entrada libre e de balde até completar a capacidade, dedicarase á escritora e xornalista Begoña Caamaño, a homenaxeada este ano pola Real Academia Galega.

“Queremos que a voz feminista e libre de Caamaño resoe no noso pobo e inspire ás novas xeracións”, destacou o presidente do CCRD de Perlío, José Ramón González Pérez.

Ás 19.00 horas inaugurarase o acto coa presentación das Letras Galegas, a cargo de Mariola Hermida, e continuará cun recital poético por parte de autores e autoras de Ferrolterra. Ás 20.00 horas, está previsto que comece a actuación musical de Tradicornio, agrupación de Airiños de Fene que ten preparado un repertorio que casa co espírito rebelde de Caamaño.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620