Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Certame audiovisual

O vídeo do CEIP Os Casais loita por outro premio máis ‘Somos Rural’ protagonizado por Fene

Até o momento este concurso de ámbito galego laureou proxectos de centros da comarca en todas as edicións

Fotograma dunha das primeiras escenas do traballo, dispoñible na canle de Youtube do proxecto
Fotograma dunha das primeiras escenas do traballo, dispoñible na canle de Youtube do proxecto
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Entre os sete proxectos participantes na cuarta edición do concurso ‘Somos Rural’, que organiza a Confederación de Anpas Galegas, figura ‘Muíños’, un traballo presentado polo CEIP Plurilingüe Os Casais, de Maniños. Con este vídeo dase continuidade ás propostas anteriores nas que se reivindicou o patrimonio indiano, os lavadoiros e os hórreos, que conseguiron premio na primeira e inmediatamente anterior convocatoria, consolidando a Ferrolterra como terra fértil nestes galardóns ao sumar o premio obtido por un grupo do instituto Concepción Arenal no 2024.

No estudo de radio da escola comezaron os primeiros pasos do que se daría en chamar ‘Muíños’, con alumnado de 5º e 6º de Primaria gravando a voz en off, para despois filmar, nunha única xornada, os distintos planos.

O traballo vai acompañado de dez fotografías que foron seleccionadas, por votación, dun traballo realizado coa participación das familias, que visitaron os muíños e realizaron as capturas, a poder ser caracterizados como persoas labregas.

Tamén se montou unha réplica destas estruturas na entrada dos Casais, que serviu para identificar os elementos, comprender o funcionamento e reforzar os contidos das aulas. Ademais dunha visita didáctica ao CIMIX de Narón, o proxecto pechouse cunha festa de convivencia na que destacou a palestra de dúas bisavoas de alumnas, que tiveron muíños familiares para dar servizo ás súas comunidades.

Como elemento a protexer e restaurar, os protagonistas son os muíños, que só na zona de Fene chegaron a funcionar, no século XVIII, máis de 50.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620