Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Banda Deseñada

Demo Pequeno anima a presentar historietas sobre o cambio climático

O concurso de Banda Deseñada ten aberto o prazo da IV edición, que se deu a coñecer cun novo cómic didáctico

Museo do Humor  presentación da Unidade didáctica Mal pero de humor Ben
Manel Cráneo amosou no acto a unidade didáctica impulsada pola Concellería de Cultura e a Xunta
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

Xa está aberto o prazo de inscrición, para os mozos e mozas de 8 a 16 anos, do IV concurso de Banda Deseñada de humor Demo Pequeno, unha convocatoria que se presentou no Museo Xaquín Marín de Fene xunto á primeira unidade didáctica publicada polo centro, no que o historietista que lle deu orixe e nome transfórmase en personaxe protagonista.

A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, deu a coñecer no acto as bases do certame xunto ao debuxante e director de Demo Editorial, Manel Cráneo, que firma o cartel xunto ao seu fillo Roque Show. Trátase dun concurso que, tal como destacou a rexedora “naceu co obxectivo de fomentar a creatividade, apoiar o talento novo e reivindicar o humor como unha ferramenta indispensable para comprender o mundo e para transformalo”.

Neste senso, a temática arredor da que deberán xirar as historias de banda deseñada ou tira cómica, todas cun enfoque humorístico, será o cambio climático. Os participantes poderán presentarse a título individual ou por equipos de dúas persoas (guionista e debuxante), nas categorías infantil (de 8 a 11 anos) ou xuvenil (de 12 a 16 anos), achegando as obras fisicamente por correo postal ao museo ou por correo electrónico, ao enderezo especificado nas bases.

Haberá dous premios en cada categoría, todos complementados cun diploma. A de menor idade ofrece un primeiro recoñecemento de 100 euros en metálico, un lote de libros de Demo Editorial e material de debuxo por valor de 75 euros; así como un segundo dotado con exemplares do mesmo selo, útiles para debuxar por valor de 50 euros e diploma.

Por outro lado, a sección xuvenil poderá recibir 150 euros en metálico, unha colección de Demo Editorial e material de debuxo por valor de 100 euros; ou outro lote e ferramentas artísticas por valor de 75 euros.

Nesta edición, ao xurado súmanse os debuxantes Alberto Taracido e Paula Esteban, un equipo que dará a coñecer o fallo o 12 de xuño. Para presentar obras fíxase como data límite o 18 de maio, coincidindo co Día Internacional dos Museos.

“Cada hora que un rapaz ou unha rapaza está debuxando é unha hora menos que está diante dunha pantalla”, comentou Cráneo para animar á mocidade a afeccionarse a este universo do concurso que organiza o Museo do Humor e Demo Editorial.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica