Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Podcast

O colectivo Brincarmos gaña o primeiro Festival de Podcast de Galicia co “Universo nosso”

A comarca destaca especialmente por este galardón e polos tres que recibiu a proposta “Baixo a luz durmida”

O Pote Festival de Postcast
Irati Urizarbarrena e Fran Cela representaron a Brincarmos este venres
Daniel Alexandre
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Pote de Maniños foi o escenario durante esta fin de semana da primeira edición do Festival de Podcast de Galicia, un encontro con actividades como obradoiros e mesas redondas arredor deste medio de radiofusión, organizado polas Emisoras Municipais Galegas –Emuga–, co apoio da Deputación. A convocatoria tivo como colofón a entrega duns premios nos que destacaron proxectos da comarca como “Universo Nosso”, que obtivo o máximo recoñecemento, e “Baixo a luz durmida”, que conseguiu tres galardóns, ademais doutros de referencia en todo o territorio galego.

“Universo nosso” é o podcast do colectivo fundado polas familias da asociación Artábria, que foi seleccionado por aspectos como “a boa utilización do galego e a participación da rapazada”, que, de feito, é protagonista dun programa que inclúe dende recomendacións lectoras até entrevistas como a que realizaron a Mondra, aproveitando o seu concerto nas festas de Ferrol.

Outro proxecto destacou por acumulación de galardóns, “Baixo a luz durmida”, un podcast do ilustrador Carlos Sardiña, da profesora Divina Arnoso e o escritor Antón Cortizas. Estes dous últimos recibiron os seus respectivos recoñecementos ás Mellores voces feminina e masculina, por unha proposta que tamén obtivo o Mellor podcast de ficción sonora.

+ Recoñecementos

Na lista de premiados tamén destaca “Estrelados na estratosfera” (Víctor Fernández Alves e Iván Pensado), xa que recibiu dous galardóns diferentes, ao Mellor guión e ao Mellor podcast por votación popular.

Ademais, gañaron “Fóra do mapa” (produción), “Antropop” (deseño sonoro), “Galiportus” (Mellor host. Germán Estévez), “A caixa de Nostromo” (podcast conversacional), “Orgullo galego” (narrativo de non ficción), “Exército Mekemeke” (humor), “Pechadas no baño” (feito por mulleres), “Cristais de Meraki” (identidade visual) e “Radio Redondela” (traxectoria).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620