Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Fene

Fene culmina cos traballos en Buios e avanza cos da senda peonil do Regueiro

No caso desta última, permitirá continuar o paseo marítimo de San Valentín ata Neda

A alcaldesa, no centro, xunto aos edís de Obras e Urbanismo en Buios
A alcaldesa, no centro, xunto aos edís de Obras e Urbanismo en Buios
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Fene recepcionou xa as obras de mellora da rede de pluviais e do pavimento en Buios. Os traballos incluíron a renovación integral da capa de rodaxe, a ampliación da sección de paso en varios puntos e tamén a instalación de novos sumidoiros. A alcaldesa, Sandra Permuy, comprobou en compañía dos edís de Obras, Mª Carmen Martínez, e Urbanismo, Manuel Polo, o resultado da intervención, que calificou de “duradeira”.

Neste sentido, asegurou que “resolve unha demanda histórica da veciñanza”, xa que as intensas chuvias “provocaban apozamentos e o deterioro do firme, e agora damos unha resposta que mellora a seguridade, a accesibilidade e o confort das persoas que circulan pola zona”, engadiu a rexedora fenesa.

Paso decisivo

Do mesmo xeito, os responsables municipais supervisaron tamén o avance dos traballos da senda peonil na rúa Camiño do Regueiro. Desde o goberno lembran que o obxectivo principal dos mesmos é uniformar o aliñamento da vía coa construción dun itinerario na marxe esquerda, ademais de executar as novas canalizacións de augas pluviais, resolvendo ao mesmo tempo os puntos de drenaxe máis problemáticos.

Avance dos traballos da senda
Avance dos traballos da senda
Concello

Con esta actuación, o Concello dá un “paso decisivo” para completar a continuidade do paseo marítimo de San Valentín até o límite co municipio de Neda, “creando un itinerario peonil seguro, accesible e integrado no espazo urbano”, remarcan desde o executivo fenés.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620