Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Fotografías

Ares inaugura ‘Nós tamén fomos emigrantes’, 40 imaxes de fotoxornalistas do século XX

O proxecto de Afundación 'Corrente Cultural' percorre as vilas galegas para levar o arte fóra das súas sedes

Algúns exemplos das fotografías que inclúe 'Nós tamén fomos emigrantes'
Algúns exemplos das fotografías que inclúe 'Nós tamén fomos emigrantes'
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX’ é o nome da exposición que se inauguran este martes 25, ás 10.00 horas na Alianza Aresana, o Concello de Ares, Abanca e Afundación.

Despois de terse exhibido este ano en Valdoviño ou o pasado 2025 en Neda, a exposición aterra agora noutro concello de Ferrolterra. Así, desta volta o acto de presentación contará coa asistencia da concelleira de Cultura, Alma Barrón; da coordinadora de Relacións Institucionais de Afundación, Verónica Rego; do coordinador institucional de Abanca, José Manuel Vilariño, e do director da oficina de dita entidade bancaria, Luis Chillón.

A proposta, que poderá visitarse até o 18 de setembro (de martes a venres, de 11.30 a 14.00 e de 18.30 a 20.30) recompila unha escolma de 40 fotografías da emigración, tanto española como galega, recuperadas dos arquivos da Axencia EFE. Así, o visitante achégase a unha realidade histórica, moi vencellada con Ares, a través da ollada profesional e humana dos fotoxornalistas da época.

Esta exposición forma parte do proxecto ‘Corrente Cultural’, unha iniciativa coa que Afundación expande a súa oferta artística fóra das súas sedes, levándoa tamén ás vilas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620