Música
Trovadores de Ares e Lucero del Alba celebran xuntos en Ares o Día do Músico
As rondallas actuarán este domingo no Casino Aresano

A rondalla Lucero del Alba, de Neda, actuando en Caranza
Emilio Cortizas
Este mesmo sábado, e cada 22 de novembro, conmemórase o Día do Músico, na honra de Santa Icía, unha efeméride que convida a celebrar a Concellaría de Cultura no Casino Aresano.
O encontro terá lugar este domingo 23, a partir das 18.30 horas, e estará protagonizado polas rondallas Trovadores de Ares e Lucero del Alba, do concello de Neda, que ofrecerán as súas respectivas actuacións para render homenaxe aos artistas que dedican a súa vida a esta arte.










