Rober Cagiao presenta en Ares a súa última novela, o thriller titulado “A Dama de Anboto”
Esta obra, que explora a mitoloxía da Mari, ambiéntase entre Galicia e Euskadi

O escritor de Bañobre, en Miño, Rober Cagiao visitará a Alianza Aresana para dar a coñecer a súa última obra, “A Dama de Anboto”, que conta con versión tanto en galego (publicada por Calacán Editora), como en castelán (por VR Ediciones). O encontro terá lugar este venres 24, ás 20.00 horas no salón de actos, e o autor estará acompañado do xornalista Pablo J. Rañales.
“A Dama de Anboto” continúa a traxectoria literaria de Rober Cagiao nos xéneros do thriller e o suspense, nesta ocasión ambientándose en Galicia e Euskadi, a cabalo entre distintas épocas.
O libro explora a mitoloxía da Mari nunha historia na que van desaparecendo e asasinando personaxes, uns casos que investigará a policía de ambas Comunidades, comezando por dúas irmás galegas que quedan en paradoiro descoñecido o mesmo día, aínda que con anos de distancia. Aínda que se atopa o cadáver dunha, da outra áchase un rastro nunha vila ao pé do monte Anboto. Rober Cagiao a asinará exemplares desta decimoquinta obra, que comezou no 2019.