Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Última hora

Cambios por choiva para Lume no Castelo e o I Festival Intercéltico Fene Interculturas

Actividades que estaba previsto celebrar ao aire libre sofren distintas modificacións

Imagen de un día lluvioso, este mismo año
Imaxe dun día chuvioso, este mesmo ano
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

As previsións de choiva para esta fin de semana cambian plans que tiñan previsto celebrarse ao aire libre como son os dous días de Lume no Castelo en Redes e a primeira edición do Festival Intercéltico Fene Interculturas. No primeiro caso trasládanse ao salón de actos da Agrupación Instrutiva de Caamouco todas as actividades, mentres que no segundo só se concreta que a Noite Celta deste sábado 29, a partir das 21.30 horas, pasará a celebrarse no local da SCRD O Pote, en Maniños. 

Xa o ano pasado o programa cultural que se desenvolve en Punta do Castelo, en Redes, non puido contar con este escenario polas condicións meteorolóxicas. Así pois, o edificio da antiga escola da Tenencia acollerá o concerto de blues a cargo de David L. H. & The Po’boys, sen cambiar de hora (20.30), do mesmo xeito que ocorrerá cos ‘Contos e cantos na foresta’ (domingo 30 ás 11.30), de Calavera Teatro

Segundo advirten dende o Concello de Fene, a Noite Celta do I Festival Intercéltico Fene Interculturas cambiarase ao interior para garantir o correcto desenvolvemento das actuacións, aínda que manteñen pendente a adaptación do gran desfile, previsto para as 20.30 na avenida Marqués de Figueroa. Ademais, agradecen a comprensión e animan a non perder esta estrea.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620