Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrolterra

Xan Ramírez: “Este recuncho é máxico; ten dende cauces de ríos ata pequenas serras”

Falamos co presidente do Club de Montaña Ferrol para coñecer algúns dos camiños máis recomendables, aínda que, dende o seu punto de vista, outros deberían de estar mellor coidados

xan ramirez cedida prueba
Ramírez, nunha das expedicións organizadas polo clube que preside
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Dentro de Ferrolterra, unha entidade estreitamente vinculada ao sendeirismo é o Club de Montaña Ferrol Alpinista Abrente, que leva décadas impulsando toda clase de iniciativas na comarca co obxectivo de converter os espazos naturais da zona nunha oportunidade para fomentar o lecer e o deporte. Para saber cales son os camiños máis espectaculares e outras curiosidades, falamos co seu presidente, Xan Ramírez.

Que ten Ferrolterra para contar con tantas rutas sendeiristas?

Este recuncho é máxico; ten dende cauces de ríos ata pequenas serras. Hai de todo, a comarca de Ferrol ten a súa costa, duns 50 quilómetros, practicamente camiñable, co cal case podes escoller unha ruta para cada día. E se miras a cantidade de colectivos que están planificando este tipo de propostas, dende asociacións de veciños a entidades como a nosa ou mesmo pequenas empresas e os propios concellos, chegas á conclusión de que se trata dun programa absolutamente alucinante.

Se tivera que recomendar algúns itinerarios que hai na comarca, cales serían?

Sen dúbida, un é a ruta Costa Ártabra. Outro sería posiblemente o de Terras de Cedeira, con 40 quilómetros que van dende os altos de Santo André ata a propia vila, pasando por riba de Punta Candieira e pola zona do porto de Eixil, onde hai unhas vistas espectaculares. Por outra banda, as Fragas do Eume non queda outro remedio que percorrelas. Tamén hai un traxecto moi sinxelo que recomendo a todo o mundo: o de Ventureira, que sae da antiga central e pasa pola marxe esquerda do río ata chegar á planta hidroeléctrica do Parrote para despois volver polo mosteiro de Caaveiro, que é todo un referente.

Cre que os gobernos se implican o suficiente tanto no mantemento como na promoción deste tipo de percorridos?

En absoluto, as administracións están desaparecidas; nin sequera se lles espera. Sempre imos primeiro ver as rutas que temos pensado facer porque nesta comarca algunhas péchanse. Ademais, hai silveiras, toxos... Temos unha vexetación exuberante, pero cando vas á Cordilleira Cantábrica ou aos Pireneos non pasa iso porque alá a flora é practicamente a mesma todo o ano. Aquí non hai ninguén que manteña os camiños libres nin as zonas de paso.

Que beneficios considera que ten o sendeirismo?

É unha actividade física, pero cada un marca o seu propio esforzo, e permite estar nun entorno natural afastado dos coches e dos elementos contaminantes que estes emiten. E ten unha compoñente componente psicosocial moi positiva para queno practican. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620