Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cine do Mestre Mateo

Películas como ‘Sirât’ ou ‘360 curvas’ poderán verse en San Sadurniño e Cedeira a través do Ciclo Mestre Mateo

Esta iniciativa da Academia Galega do Audiovisual inclúe 8 títulos en total

'Sirât' proxectouse o pasado mes de marzo no Pazo da Cultura de Narón
'Sirât' proxectouse o pasado mes de marzo no Pazo da Cultura de Narón
Jorge Meis
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa creada no 2022 pola Academia Galega do Audiovisual co apoio das Deputacións, celebrará unha nova edición por seis concellos da provincia, entre os que se atopan San Sadurniño e Cedeira. Desta volta poderán verse oito títulos: ‘Sirât’, ‘As liñas descontinuas’, ‘Antes de nós’, ‘San Simón’, ‘360 curvas’, ‘O son da nova regueifa’, ‘Deuses de pedra’ e ‘O silencio herdado’.

Tal como lembrou na presentación a deputada de Cultura, Natividade González, esta proposta constitúe “unha magnífica oportunidade para poñer en valor o talento creativo do noso país e para apoiar unha industria audiovisual que vive un momento especialmente destacado”.

Xunto a ela estivo a actriz e presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga, que destacou “a importancia de continuar levando o cinema galego a todo o territorio, especialmente a aquelas localidades que non contan cunha programación audiovisual estábel”, ademais da “oferta plural e diversa desta edición”, que propón dende documentais como ‘360 curvas’ (sobre as protestas da Fonsagrada coñecidas como As Movidas e a súa vixencia) até ficcións como ‘As liñas descontinuas’ (que xira arredor dun encontro casual que serve para tratar asuntos de plena actualidade).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620