Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ferrolterra

A historia negra de Sonia Corral, primeiro premio da RAG e PuntoGal

A pontesa veciña de San Sadurniño, que comezou a escribir por saúde, sobresaíu na sección adulta con ‘Trapos sucios’

Sonia Corral Franco obtén o primeiro premio do IX Concurso de Microrrelatos da RAG e PuntoGal
Sonia Corral Franco obtén o primeiro premio do IX Concurso de Microrrelatos da RAG e PuntoGal
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Real Academia Galega –RAG– e PuntoGal veñen de facer públicas as persoas gañadoras do seu IX Concurso de Microrrelatos, entre os que sobresaíu ‘Trapos sucios’, de Sonia Corral Franco (As Pontes, 1979), conseguindo o primeiro premio na categoría para maiores de idade. Esta obra da autora pontesa, veciña de San Sadurniño, foi seleccionada dun total de 425 historias presentadas soamente á sección adulta.

Nas 200 palabras que compoñen o texto desta gañadora, que recibirá o seu galardón o día 22 na Fundación Luis Seoane, a autora soubo concentrar todos os ingredientes precisos para elaborar un bo conto, que neste caso está marcado polo suspense.

Sonia Corral comezou a escribir “para poder sobrevivir”, despois de ser diagnosticada dunha enfermidade neurodexenerativa, e hai arredor de dous anos presentouse aos primeiros concursos literarios, acumulando agora máis dunha ducia de premios polas súas obras.

‘Trapos sucios’ súmase a unha lista de títulos do xénero negro, unha predilección que tamén leva a termo como lectora, participando no club especializado neste tipo de novelas na biblioteca pública do seu concello natal, no que ademais insire a crítica social nunha aparentemente sinxela descrición.

Este foi dun dos aspectos que resaltou o xurado encargado da avaliación das obras presentadas á categoría de persoas adultas, que estivo integrado pola tesoureira da RAG, María López Sánchez; tamén en representación da Academia, o académico de número Víctor F. Freixanes; o presidente de PuntoGal amais de académico, Manuel González, e a filóloga e membro do equipo desta asociación que xestiona o dominio .gal, Cristina Ríos, así como a filóloga Inés Sánchez, asesora de Luzes, revista colaboradora neste certame.

Máis premios

O IX Concurso de Microrrelatos da RAG e PuntoGal premia a un total de nove historias de autores e autoras, con idades comprendidas entre os 11 e os 70 anos. Na modalidade de persoas adultas, por debaixo de Sonia Corral quedaron os relatos de Marcos Taracido (Pontevedra, 1971), e de Lara Costas (Redondela, 2004). Ademais, foron finalistas os de Axel Cuíñas (Vigo, 2005) e de Manuel González Seoane (Vilagarcía, 1955).

Na categoría xuvenil destacaron, por orde, as obras presentadas por Iria Iglesias Mouriño (Santiago de Compostela, 2015), Juan Domínguez de la Torre (Vigo, 2011) e Uxía Nogueira Bodega (Vigo, 2012); mentres que como finalistas quedaron Raquel Pérez López (Ribadeo, 2009) e Sabela Rodríguez Pérez (Pontevedra, 2009).

Así mesmo, na sección infantil gañaron Smahan Essaidi (Santiago de Compostela, 2015), Carla Merino Suárez (Madrid, 2015) e Laura González Martínez (Vigo, 2015); e as finalistas foron Irene Suárez Rodríguez (Lugo, 2015) e Alba González Meizoso (Abegondo, 2014).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620